miércoles, 26 de mayo de 2010
Romeria Galega
29 de Mayo de 2010
Recinto Ferial de Fuenlabrada
PROGRAMA
13:00 h.: Misa oficiada en gallego
15:00 h.: Comida de Confraternidad
18:00 – 20:30 h.: Actuaciones de los
distintos grupos folclóricos de los centros
gallegos de la Comunidad de Madrid.
21:00 h.: Concierto del Gran grupo de
Folk Galego QUEMPALLOU
Todos los actos se
realizarán en el
Recinto Ferial
de Fuenlabrada
miércoles, 12 de mayo de 2010
Letras Galegas 2010
Uxío Novoneyra (Parada do Courel, 1930 – Santiago de Compostela, 1999
Uxío Novoneyra, considerado un dos poetas máis relevantes en lingua galega de tódolos tempos, proxecta a súa obra enraizada na tradición e no popular, aínda que con destacadas tonalidades vangardistas nas que destaca o lirismo da palabra.
Fillo de labregos, naceu na montaña lucense, en Parada do Courel, o 19 de xaneiro de 1930, e adicou a súa obra a inmortalizar a fermosa paisaxe da serra. Sendo estudante en Lugo coñeceu a Manuel María con quen frecuentou o trato de intelectuais da anterior xeración como Luis Pimentel, Anxel Fole, Celestino Fernández de la Vega ou Ramón Piñeiro. Con 19 anos, Novoneyra trasládase a Madrid onde se matricula na Facultade de Filosofía e Letras. En 1951 regresa para facer o servizo militar, e entre 1953 e 1962 vive de novo en O Courel obrigado por unha doenza pulmonar que o tivo ás beiras da morte. Entre 1962 e 1966 volve a Madrid onde traballa na radio e na televisión. En 1973 casa con Elba Rei con quen tivo tres fillos que residían entre O Courel e Lugo. Instálase definitivamente en Santiago de Compostela en 1983.
En 1955 publica o seu primeiro libro de poemas, Os Eidos, con prólogo de Ramón Piñeiro. Seguíronlle Elegías del Caurel y otros poemas (1966), en edición bilingüe, e Poemas caligráficos. En Muller para lonxe reúne poemas de amor xa publicados e outros inéditos ilustrados con debuxos de Carlos Pardo Teixeiro e un epílogo de Claudio Rodríguez Fer. Ademáis da súa incursión na narrativa para nenos, destaca a oralidade da súa poesía que adquire matices especiais cando o mesmo poeta recitaba os seus propios versos. Unha proba máis do seu enraizamento co pobo e coa poesía popular, según afirma a Real Academia Galega.
O poeta foi elixido presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, un cargo de ocupa ata o seu falecemento en outono de 1999. Novoneyra foi un poeta de entrega total, pero non de minorías, xa que sempre tivo unha gran preocupación pola comunicación co pobo. Tanto en “Os eidos” como nas súas outras obras, Novoneyra é capaz de evocar sensacións visuais, auditivas ou anímicas mediante a combinación e repetición de fonemas.
A poesia de Novoneyra ten moi pouco que ver coa dos outros paisaxistas galegos. Novoneyra é-valla a aparente contradicción- un poeta silencioso, e os seus poemas van moito máis alá do texto. As palabras pouquísimas evocan dun modo máxico o mundo no que o home esta inmerso, designando as cousas para que estas aparezan perante nós. Non describe: evoca, invoca. E hai outro Novoneyra coral, heroíco: o da Letanía de Galicia, do Viet Nam Canto.
lunes, 30 de noviembre de 2009
Carrabouxos, música tradicional
Nos anos noventa, séntanse as bases dos grupos de gaita e baile, co obxectivo de amosar un anaco da cultura galega en Madrid.



Tras un longo periodo de silencio, o grupo volve á súa actividade no ano 2008 da man de novos gaiteiros e gaiteiras; algúns deles xa coñecedores do instrumento e dun amplo repertorio, e outros, aplicados alumnos do mestre Daniel Bellón.
domingo, 1 de noviembre de 2009
Foliada do Magosto 2009

Local da Casa Galega de Fuenlabrada
Castañas e chourizos de balde
Foliada aberta ata que remate o día
Tamén haberá música tradicional en directo, aberta a todos os que queirades participar cos vosos instrumentos. Non esquezades a vosa gaita, pandeireta ou mesmo acordeón!
-------------------------------------------------------------------------------------------------
[Galego]
Nos días comprendidos entre o 1 de novembro, dos Santos, e o 11 de novembro, San Martiño, (pódese celebrar tamén en datas cercanas) adóitase celebrar esta festa en zonas onde non fallan as castañas asadas no lume o viño novo i os chourizos.
A festa consiste en facer unha lumieira e, unha vez hai brasas, colocar sobre elas un cilindro metálico con buracos na súa base, chamado tambor ou, nalgunhas zonas, tixolo. Sobre este recipiente, ou outro polo estilo, exténdense as castañas ás que previamente se lles fixo un corte nun estremo pra que non salten o estoupen. Unha vez asadas, pélanse e cómense.
É común tiznarse a cara cos restos da lumieira, saltar as lumieiras (que trae sorte) así como xogar a diferentes xogos tradicionais, contar contos e cantar cancións populares.
No caso de Ourense a festa celébrase coincidindo coa festividade do seu patrón, San Martiño de Tours, o 11 de Novembro. É costume estendida ir a un monte cercano (no caso da cidade un dos máis usados para este fin é o Monte Alegre) e prender unha lumieira na cal asaránse carne de cerdo, chourizos e as castañas. Aprovéitase a ocasión pra degustar o viño novo da colleita.
[Castellano]
En los días comprendidos entre el 1 de noviembre, de todos los Santos, y el 11 de noviembre, San Martín, (puede celebrarse, también en fechas cercanas) se suele celebrar esta fiesta donde no faltan las castañas asadas en el fuego, el vino nuevo y los chorizos.
La fiesta consiste en realizar una hoguera y, una vez hay brasas, se coloca sobre ellas un cilindro metálico con agujeros en su base, llamado tambor o, en algunas zonas, tixolo. Sobre este recipiente, u otro por el estilo, se extienden las castañas a las que previamente se les ha realizado un corte en un extremo para que no salten o exploten. Una vez asadas se pelan y se comen.
Es común tiznarse la cara con los restos de la hoguera, saltar las hogueras ya que trae suerte, así como realizar diferentes juegos tradicionales, contar cuentos y cantar canciones populares.
En el caso de Ourense, la fiesta se celebra coincidiendo con la festividad de su patrón, San Martín de Tours, el 11 de noviembre. Es costumbre extendida ir a un monte cercano (en el caso de la ciudad uno de los más usados para este fin es el Monte Alegre) y encender una hoguera en la cual se asarán la carne de cerdo, los chorizos y las castañas. Se aprovecha la ocasión para la degustación del vino nuevo de la cosecha.
Manualidades
Hai anos que o noso centro realiza este curso no que @s nos@s alumn@s realizan diversos traballos manuais que espuxeron en eventos organizados polo centro.
[Castellano]
Hace varios años que existe este curso en nuestro centro en el que nuestr@s alumn@s realizan diversos trabajos manuales que ya han expuesto en varios eventos.
| Día | Horario | Profesor |
| Miércoles | 17.00 - 19.00 |
Deportes
A nosa asociación dispón actualmente de dous equipos deportivos que levan funcionando e competindo nas ligas municipais de Fuenlabrada dende 1995 (fútbol-sala) e 1996 (baloncesto). En breve publicaremos fotos dos nosos equipos.
[Castellano]
Nuestra asociación dispone actualmente de dos equipos deportivos que están funcionando y disputando las compenticiones municipales de Fuenlabrada desde 1995 (fútbol-sala) y 1996 (baloncesto). En breve publicaremos fotos de nuestros equipos.
Clases de gaita
| Día | Horario | |
| Lunes | 19.00 - 21.00 |

